Saltar al contenido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
17/02/2024 20:00
SÁBADO 17 DE FEBREIRO, ás 20:00 h:
* Contraproducións SL: “Apaga o candil”
Xénero: comedia
Idade recomendada: adulto
Idioma: galego
Duración: 75 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha artística e técnica:
Elenco: Avelino González / Toni Salgado
Autoría / Texto: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Espazo sonoro e musical: Xurxo Souto / Richi Casas
Iluminación e técnica: Miguel Cabaleiro / Afonso Castro
Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
Vestiario: DE COTÍO
Asesoría na baila: Chus Caramés
Cartaz: Juan Gende
Técnico de gravación: Timás Ageitos
SINOPSE:
Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’ O Xestal.
Cun candil na man, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte.
O personaxe d’O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se entreverán os episodios máis significativos da vida d’O Xestal con algún dos seus contos máis divertidos.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.