Saltar al contenido
21/10/2023 20:00
ELENCO: Inés Salvado Gontad, Lolo Castro, Gustavo Freire, Bea Romero, Sergio Piñeiro
MÚSICO EN ESCENA: Guillermo Alzugaray
IDEA, DRAMATURXIA, DESEÑO E DIRECCIÓN: Lorena Conde
COMPOSICIÓN MUSICAL E ESPAZO SONORO: Guillermo Alzugaray
ESPAZO ESCÉNICO: A Feroz e Roberto Rama / VESTIARIO: A Feroz / MÁSCARAS : A Maranha
ILUMINACIÓN E SON: Raúl Giraldo / FOTOGRAFÍA: Alberto Suárez
PRODUCIÓN: A Feroz / DISTRIBUCIÓN: Amarelo
SINOPSE:
Quen sabe exactamente que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións.
Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída, el deixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina, que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas.
Pero a súa existencia metódica, ordenada e frugal vese alterada cando o seu abrigo, de tan gastado, xa non o pode protexer do frío. Nace aí unha necesidade inevitable en forma de abrigo novo. Traballará máis aló do esgotamento para conseguir a ansiada fin. Será capaz de logralo?
Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?
Xénero: teatro de máscaras con música en directo.
Idade recomendada: adulto
Duración: 85 minutos