Volver ao contido
26/11/2023 18:00
Autoras: Patricia Toral e Chantal Franco
Directoras: Chantal Franco e Patricia Toral
Intérpretes: Patricia Toral, Chantal Franco e Verónica R. Galán
Música creada e interpretada: Verónica R. Galán
Escenografía: Patricia Toral e Chantal Franco
Vestiario: Laïque e Luz, micro e punto
Iluminación: Luz, micro e punto
Distribución: Luz, micro e punto
SINOPSE:
Lady Di Fusa leva toda a noite traballando e non consegue compoñer unha peza musical. Esgotada, queda durmida sobre os instrumentos e ao espertar algo cambiou; as súas mans xa poden interpretar esas melodías que imaxina. Desas notas irán xurdindo imaxes que con luces, sombras e cores, narrarán unha historia fantástica de dúas marionetas que espertan nun armario e pouco a pouco adquiren vida. As dúas personaxes, desde ese momento, van contarnos a relación entre unha boneca de madeira e un ovo azul, a partir dos seus primeiros sentimentos de amor, envexa, soidade e alegría.
“Años Luz” fala da amizade e a forza desa unión, de historias apaixonantes desas personaxes que permanecerán unidas superando calquera obstáculo.
Un teatro de sombras contemporáneo onde se verá a montaxe de cada escena acompañada de música en directo.
Xénero: teatro de sombras
Idade recomendada: familiar, a partir de 5 anos
Duración: 47 minutos