Volver ao contido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
17/03/2024 18:00
DOMINGO 17 DE MARZO, ás 18:00 h:
* La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”
Xénero: danza
Idade recomendada: de 6 a 12 anos
Idioma: sen texto
Duración: 45 minutos
Prezo da entrada: 5 €.
Ficha artística e técnica:
Dirección e creación: Tatiana Clavel e Raúl León
Coreografía: Paula Romero, Inka Romaní e Julia Zac
Interpretación: Paula Romero, Irene Maestre e Noelia Sánchez.
Dirección de movemento: Santi de la Fuente
Escenografía: Raúl León
Iluminación: Diego Sánchez
Ilustración: Eixa Isa
Música: Damián Sánchez
Textos: Maribel Bayona
Produción: Tatiana Clavel
SINOPSE:
(Una historia de ciencia ficción para imaxinar mundos alternativos)
A nosa historia comeza cando tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura xeraralles preguntas sobre a situación das mulleres na historia. A partir de aquí as nosas protagonistas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as levará a atoparse nun punto en común.
Con "O conto de Persépolis" rendemos homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias teñen cuestionado desde as marxes ao status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos. La Coja Dansa nesta proposta para público familiar coida ata o último detalle e ofrece unha montaxe de extraordinaria beleza cun ritmo adecuado para as ávidas miradas da infancia. Para iso utilizan a confluencia entre o cómic, a danza, o videomapping e o cinema na escena, chegando a uns resultados sorprendentes.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan con cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca a carón do espazo destinado a PMR)
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.