ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
3 Premios María Casares 2021 a mellor actriz protagonista, dirección e iluminación
Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA 2021
Premio da MIT de Ribadavia 2021
DANZA
Compañía: Marta Alonso Tejada Traspediante (en coprodución co Centro Coreográfico Galego)
Espectáculo: BAILAR AGORA
Xénero: danza
Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada
Coreografía e moviemento: Victoria P.Miranda
Creación: Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada
Asistencia dirección e dramaturxia: Pablo Reboleiro
Asistencia movemento: Sergio Perol
Deseño de iluminación e espazo escénico: Laura Iturralde
Vestiario: Uxía P. Vaello
Espazo Sonoro e música: Xabier Bértolo
Produción: Manu Lago e Marta Alonso Tejada
Audiovisuais: Mila Ercoli e Ángel Sousa
Deseño gráfico: Paulina Funes – Visual Paulina Funes
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 75 minutos
Prezo: 10 €
VÍDEO PROMOCIONAL
Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e como estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: bailando.
Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega.
Bailar agora propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento, investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.
Bailar agora pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.