Volver ao contido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
10/02/2024 20:00
SÁBADO 10 DE FEBREIRO, ás 20:00 h:
* AmorodioTeatro: “A nai”
Xénero: teatro documento, comedia
Idade recomendada: adulto (+12 anos)
Idioma: galego
Duración: 95 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Reparto (orde alfabética):
Carmen Facorro
Javier Castiñeira
Yaiza Queiruga
Equipo artístico:
Dirección: Marián Bañobre
Dramaturxia: Laura Porto
Escenografía: As dúas e punto
Iluminación: Violeta Martínez
Vestiario: Raquel Crespo
Audiovisuais: Einibó
Grafismos: Xoán Bregoa
Axudante de produción: Maite Martínez
Deseño de cartel: Inés Sueiro
Produce: AmorodioTeatro
Subvenciona: Agadic-Xunta de Galicia
Colaboran: Concello de Ribadavia / Concello de Rianxo / Concello de Caldas de Reis /Concello de Santiago de Compostela / Confitería SILA / Viña Costeira
SINOPSE:
A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e a obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecermos un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual.
"A Nai", recibiu o premio Luisa Villalta da Deputación de Coruña a proxectos pola Igualdade no ano 2022.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.