Volver ao contido
28/10/2023 20:00
Presenta: Arantxa Treus
Monólogos: Agustín Jiménez / Maru Candel / David Navarro
Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de "aquí" e de "alí". Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a empezar a despuntar no mundo da comedia e son o futuro da mesma. Homes, mulleres, algúns máis maiores, outros máis novos, cada un coa súa visión do mundo única e particular, pero cunha misión en común: facer rir. E, entre risa e risa, mostrar un espello de diversidade, como o da sociedade na que queremos vivir, porque, se de algo estamos todos convencidos e convencidas é de que, "entre broma e broma, a verdade asoma"
ARANTXA TREUS
Esta polifacética artista viguesa comparte escenario tódolos meses cos mellores monologuistas do país no seu espectáculo Los monólogos de la Treus. Traballou en series de televisión como Gondar, Serramoura ou Fariña. O seu monólogo Sexo débil, o carallo recibiu o premio do FETEGA 2022 ao mellor monólogo cómico. Actualmente está de xira Revolta, o seu novo espectáculo teatral, unha viaxe pola evolución do ser humano desde unha mirada crítica e humorística contada por mulleres e é unha das cómicas de "El club de la comedia".
AGUSTÍN JIMÉNEZ
Uno dos cómicos máis relevantes e irreverentes do panorama nacional. Participou en numerosos programas e series de televisión, como Gym Tony (Cuatro), Lleno, por favor (Antena 3), Mis adorables vecinos (Antena 3), Siete vidas (Telecinco) ou El Chiringuito de Pepe (Telecinco) entre moitas outras. Ademais, ten unha extensa carreira en cinema e teatro.
MARU CANDEL
Maru Candel é unha actriz cómica e cantante sevillana criada no corazón de Triana. Comezou a súa carreira no ano 2005 percorrendo o país cos seus espectáculos de Stand Up Comedy. Desde os seus inicios soubo mesturar a comedia coa música nos seus monólogos: “S.O.S”, “Divagando”, “Mujer dejada”, “Todo pasa por algo amor”, “Mandarinas, amor en gajos” e “La antigua y la moderna”. Participa en Comedy Central e en Las noches del club de la comedia.
DAVID NAVARRO
Cómico de Jaén, nacido en 1976, que tras licenciarse en Dereito, deixou o seu posto de funcionario para lanzarse á comedia. Actualmente é cómico principal no Club de la Comedia, colaborador do programa “A vivir que son dos días” da Cadena SER (presentado por Javier Del Pino) e é o quentador do programa “Ilustres Ignorantes” de Movistar+. Tras máis de 20 monólogos emitidos en Paramount Comedy e de representar as súas obras por todo o país, actualmente dirixe e protagoniza “Comecocos, ovnis e David Bowie”, unha comedia de ciencia ficción baseada nos anos 80.
Xénero: monólogos
Idade recomendada: adulto
Duración: 90 minutos