Volver ao contido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
10/03/2024 18:00
DOMINGO 10 DE MARZO, ás 18:00h:
* A Maga Fani: “Igualdade, onde estás?”
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Xénero: maxia
Idade recomendada: familiar
Idioma: galego
Duración: 65 minutos
Prezo da entrada: 5 €.
Ficha artística e técnica:
Ilusionista: A Maga Fani
Guión orixinal: A Maga Fani
Dirección: A Maga Fani e Martín Camiña
Deseño Iluminación: Ángel Modia
Vestiario: Producións Herméticas
SINOPSE:
A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”.
“Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, e pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres se lles pregunta polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc.
Deste xeito, e a pesar de todas as celebracións do “Día da Muller”, segue sen palpar a “Igualdade”, por iso irá na súa procura, utilizando a maxia e o humor.
Cumprirá a súa misión?...atopará a igualdade?...onde estás, igualdade?,...u-la igualdade?
Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas,...moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando nos ámbitos da educación e a cultura.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.