ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
FAMILAR – TEATRO
Compañía: Mar Mar Teatro
Espectáculo: TARZÁN
Xénero: teatro comedia
Autoría: José Carlos García e Kike Díaz de Rada
Dirección: José Carlos García
Escenografía e vestiario: Mar Mar Teatro
Deseño de son e música: Fran Lasuen
Deseño de iluminación: Maitane
Elenco artístico: rene Hernando, Aritza Rodríguez, Eriz Alberdi e Javi Tirado
Idioma: castelán
Idade recomendada: + 6 anos
Duración: 60 minutos
Prezo: 5 €
VÍDEO PROMOCIONAL
Un novo día de caza na selva africana. Ruxidos, gritos e reclamos enchen a atmosfera. De súpeto, silencio.
A selva estremécese ante o choro dun neno. Os grandes monos, curiosos, achéganse ao neno. Kala, cuxa cría vén de morrer, decide adoptar o bebé.
25 anos despois, en Londres, Lord Greystcke VIII, un nobre inglés, acaba de liberar os animais do zoo da cidade e intentará convencer a un sicoanalista de que aquel recén nacido era el. Tarzán, o rei da selva.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.