Volver ao contido
01/11/2024 20:00
Ficha artística e técnica
Elenco: Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago, Fernando González
Autoría: Roland Schimmelpfenning
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda
Tradución: Catuxa Pato
Escenografía: Iris Blanco
Iluminación: Laura Iturralde
Son: Vadzim Yuknevich / Renata Codda Fons
Vestiario: Ruth Díaz Pereira
Música: Vadzim Yuknevich
Dirección de movemento: Rut Balbíns
Asesoramento textual: María Peinado
Técnicos de luz e son: José Bayón / Rubén Dobaño
Deseño gráfico: Peatón Gráfico
Realización vestiario: Santos Salgado
Realización escenografía: Carlos Domínguez
Comunicación: Alberto Ramos
Produción: Fina Calleja
Distribución: Culturactiva / Sarabela Teatro
Sinopse:
Sarabela Teatro presenta, por primeira vez en galego, O dragón de ouro, unha traxedia contemporánea performática con ton grotesco de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado a nivel internacional. Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña dun restaurante asiático de comida rápida. Non ten permiso de residencia nin atopa a súa irmá desaparecida. O espectáculo aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade. Unha posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único.
A compañía
A compañía Sarabela é unha compañía de creación escénica, formación teatral universitaria, produción e organización de festivais. Defende un teatro de repertorio, de acción, emoción, experiencia poética e comunitaria. Con máis de 60 premios no seu haber, nos seus máis de 40 anos de existencia, foi construíndo un equipo sólido con propostas artisticamente estimulantes, que van desde autores clásicos e contemporáneos ata adaptacións de autores que se achegan ás novas linguaxes escénicas e voces da dramaturxia. Teatro con selo propio, comprometido co tempo que lle toca vivir, en diálogo permanente coa comunidade.
Xénero: teatro contemporáneo
Idade recomendada: adulto (+ 12)
Idioma: galego
Duración: 70 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.