Volver ao contido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
01/04/2022 20:00
ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
TEATRO
Compañía: Teatro en Vilo en coprodución co Centro Dramático Nacional
Espectáculo: MAN UP
Xénero: teatro
Autoría e dirección: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
Escenografía: Mireia Vila Soriano
Deseño de son: Nacho bilbao
Deseño de iluminación: Miguel Ruz
Vestiario: Yaiza Pinillos
Música: VV.AA.
Coreografía: Amaya Galeote
Elenco artístico: Blanca Solé, Macarena Sanz, Juan Paños, Pablo Gallego, Alberto Jo Lee, Baldo Ruiz e Javier Carramiñana
Idioma: castelán
Idade recomendada: público adulto (+ 14 anos)
Duración: 120 minutos
Prezo: 15 €
MAN-UP é unha divertida e aceda comedia onde as directoras de Teatro En Vilo propóñense o reto de desenmascar o relato tradicional da masculinidade e os seus referentes a través da ironía, a irreverencia e o humor absurdo. Nun momento no que os códigos masculinos tradicionais quedaron obsoletos e os novos están aínda por elaborar, Man Up quere ser un espazo desde o que cuestionar as suposicións culturais sobre que significa ser un home e un lugar desde o que imaxinar novas formas de selo. En escena, seis actores lanzaranse a representar un gran carnaval da masculinidade, xogando a deconstruír, reconstruír ou destruír os referentes culturais que rexen os estándares da hombría; á vez que reflexionan sobre o seu lugar no mundo e as súa propia identidade.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.