Volver ao contido
08/10/2021 20:0009/10/2021 20:00
ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Compañía: Yllana
Xénero: teatro/comedia
Autoría e dirección: Yllana
Escenografía: Carlos Bryda
Deseño de son: Lus López Segovia
Deseño de iluminación: Fernando Rodríguez Berzosa
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Música: Marc Álvarez
Coreografía: Elena Mora
Elenco artístico: Fidel Fernández, Luis Cao, Juanfran Dorado e Jony Elías
Idioma: castelán
Idade recomendada: público adulto
Duración: 75 minutos
Greenpiss, unha divertidísima sátira sobre a ecoloxía, o futuro do noso planeta e a supervivencia da nosa propia especie.
O quencemento global, o uso abusivo dos plásticos, o consumismo desenfreado, a desaparición de miles de especies de animais e a posible estinción da nosa propia especie son o punto de partida desta nova loucura teatral de Yllana.
Catro actores en estado de graza desdóbranse en infinidade de personaxes, desde políticos a pingüíns, para tratar un tema que está en boca de todos e ao que Yllana ofrece unha receita clara para combatelo: humor acedo e sen barreiras que non deixará indiferente a ninguén.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.