Volver ao contido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa)
02/03/2024 20:00
SÁBADO 2 DE MARZO, ás 20:00 h:
* Sarabela Teatro: “Made in Galiza”
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto (+12 anos)
Idioma: galego
Duración: 55 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha artística e técnica:
Made in Galiza de Sechu Sende
Dirección: Fina Calleja
Dramaturxia: Fernando Dacosta e Fina Calleja
Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto
Deseño de escenografía: amenosde7metros
Deseño de Iluminación: José Manuel Bayón
Soportes Visuais: Iris Branco
Deseño de vestiario: Tegra e Lele/ Sarabela Teatro
Campo sonoro: Renata codda Fons
Fotografía: Rubén Vilanova
Gravación en Dvd: Alba V. Carpentier
Distribución: Culturactiva/ Sarabela Teatro
Técnicos de luz e son: José Bayón/ Rubén Dobaño
Deseño gráfico: Peatón Gráfico
Produción: Fina Calleja
Agradecementos: Cine Clube Padre Feijoó, Universidade de Vigo-Campus de Ourense, Ruth D. Pereira, IGMIG.
SINOPSE
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" "MADE IN GALIZA" é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.