Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
18/11/2023 20:00
Rafa Fernández, guitarra eléctrica e composición
Lara Dopazo, voz
Adriana Páramo, videocreación
Virxilio da Silva, guitarra eléctrica
Álex Salgueiro, teclados
SINOPSE:
Seis foron os poemas que Federico García Lorca fixo en galego, e “SEIS” é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia; que o mellor poeta contemporáneo e un dos máis grandes poetas da lingua castelá de todos os tempos, escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza no mellor dos casos.
“SEIS” é un proxecto audiovisual onde a música en directo composta para a ocasión de carácter ambiental con guitarra eléctrica e videocreación en vivo, crearán una atmosfera onírica e suxestiva mentres a obra de Lorca é recitada. Deste xeito, música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecendo ao espectador un achegamento diferente a esta xoia da literatura.
Xénero: espectáculo multidisciplinar con poesía, música e visuais
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos