Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
10/11/2023 20:00
DIRECCIÓN Óscar Cobos
DIRECCIÓN ARTÍSTICA Jaime Pablo Díaz
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Iván Villar
COREOGRAFÍA Oscar Cobos, Jaime Pablo Diaz e Iván Villar
COMPOSICIÓN MUSICAL Berrogüetto
BAILADORAS Ruth Perez, Nerea Fouz, Rebeca Tallón, Cristina Canosa, Marta Mosquera, Nuria Gesteira, Uxía Portela, Eva Diago y Lorena Toimil
VESTIARIO E ESCENOGRAFÍA Carolina Díguele
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Daniel Pais
SON Francisco Alvarellos
FOTOGRAFÍA MateStudio e Manuel Blanco
SINOPSE:
BAILADOR é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto que reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora e transmisora da nosa sabedoría popular; se o noso baile chegou ata os nosos días foi grazas a elas. É un espectáculo de mulleres feito por mulleres no que a danza de raíz galega se mistura coa linguaxe contemporánea creando un novo estilo atemporal.
BAILADOR é unha mostra de respecto, cariño e admiración a todas esas mulleres que, de xeración en xeración, foron quen de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile.
Xénero: danza galega contemporánea
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos