Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
03/03/2024 18:00
DOMINGO 3 DE MARZO, ás 18:00 h:
* Olivas Negras: “O rapto da Befana”
Xénero: teatro
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Idioma: galego
Duración: 55 minutos
Prezo da entrada: 5 €.
Ficha artística e técnica:
Idea orixinal: Sonsoles Cordón
Dirección: Nuria Sanz
Texto e dramaturxia: Paula Carballeira
Música orixinal: Klaus Martínez Veiga
Elenco: Sergio Alfonso, Pablo Carrera, Germán Gundín, Rosa Puga, Diego Roca e Leonor Sangabriel.
Iluminación e espazo escénico: Beatriz de Vega
Vestiario: Raquel Crespo
Máscaras: As dúas e punto
Fotografía: Sabel Sabín
Vídeo: Ollomol Producións
Produción e distribución: Sonsoles Cordón
Produce: Olivas Negras
Subvenciona: Agadic-Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Gondomar
SINOPSE:
Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana e así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. Arlequín quere chegar antes ca ninguén onda Befana para demostrarlle a Colombina que é máis listo ca ela. O Capitán vai con el, sobre todo porque non quere quedar só. Polichinela consegue a axuda de Pantalone e os seus cartos para indagar onde vive Befana. E Befana, sen sospeitar o que lle espera, viaxa na súa góndola pola terra, polo aire e pola auga, cambia de calcetíns, que é a cousa que máis lle gusta no mundo, e garda nos zapatos a súa maxia.
Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.