Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
09/12/2023 20:00
* Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co CDG “O auto do Castromil”
ELENCO: Rocío González / Víctor Mosqueira / Marcos Orsi / Patricia Vázquez
ESCENOGRAFÍA E INDUMENTARIA: Carlos Alonso
ILUMINACIÓN: Octavio Mas
ESPAZO SONORO: Piti Sanz
ATREZZO: Kukas Producións Artísticas
NOTICIARIO CINEMATOGRÁFICO: Marcos PTT Carballido
DESEÑO GRÁFICO: Javier de la Rosa – Milicia Gráfica
FOTOGRAFÍA: Sabela Eiriz
PRODUCIÓN: Rubén G. Pedrero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Mon Serodio
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Quico Cadaval
SINOPSE:
Con esta proposta Excéntricas gaña o III Concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo está protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroideiro.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita con anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baúis” “O Auto dos simulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”
Xénero: teatro comedia
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 70 minutos