Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
16/03/2024 20:00
SÁBADO 16 DE MARZO, ás 20:00 h:
* Maquinarias Teatro: “Que din as rumorosas”
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto
Idioma: galego
Duración: 90 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha artística e técnica:
Dirección: Paula Carballeira
Intérpretes: Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro, Carmen Cotelo
Espazo sonoro e arranxos musicais: Andrés Pazos
Dirección proceso creación colectiva e produción: Helga Méndez (Maquinarias Teatro)
Dramaturxia orixinal, caracterización, espazo escénico:
Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro, Carmen Cotelo
Xastra: Julia Momán
Vídeos distribución: Catu Martínez Vídeo (Teaser), e Iris Producións (Obra completa)
Fotos distribución: Carmen Pardo Photo
Deseño iluminación: Grupo Creativo RTA (Diego Vilar)
Cobertura técnica: RTA
Distribución: ARTYC
SINOPSE:
Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller.
Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.
Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.
IV Premio “Luisa Villalta” a Proxectos pola Igualdade 2022 – Deputación da Coruña.
Maquinarias Teatro é unha compañía galega de Teatro Social con máis de 20 anos de experiencia na dirección e creación de espectáculos e na docencia en obradoiros de Artes Escénicas.
Non entende a Arte sen compromiso e traballa dende a memoria colectiva para poñer en valor a necesidade da escoita e dos afectos, e para observar con ollo crítico a sociedade que nos toca vivir.
Para tecer comunidade con amor e con humor, a compañía conta nesta ocasión cun elenco de mulleres da comarca de Ferrolterra e da Coruña, grandes traballadoras da escena e tecedoras de comunidade artística en feminino.
Non é a primeira vez que Maquinarias Teatro viaxa con algunhas delas…
Neste proxecto embarcamos todas con ganas de dar guerra e de falar da situación da muller na arte con sentido… e sensibilidade: «RHUMOROSAMENTE»
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan con cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca a carón do espazo destinado a PMR)
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.