Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
27/04/2024 20:00
SÁBADO 27 DE ABRIL, ás 20:00 h:
* LAD Dance Company: “Qualia”
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Xénero: danza contemporánea
Idade recomendada: todos os públicos
Idioma: sen texto
Duración: 45 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Bailaríns: Celia Vioque Moreno, María Montañá Porta, Sara del Río del Peso, Pablo Bass de Fina.
Dirección e coreografía: Iago Alonso Abad
Deseño de escena e técnica: Pablo del Pozo García
LAD DANCE COMPANY
LAD Dance Company é unha compañía de danza urbana e contemporánea creada en 2020 co fin de dar cabida a novos artistas creando novos traballos continuamente para obter unha carteleira ampla e de calidade tanto en danza urbana como en danza contemporánea, contando tanto con coreógrafos consolidados no panorama nacional e internacional como con novos coreógrafos emerxentes, dando lugar a un amplo abano de opcións á disposición dos espazos e concellos interesados. A dirección está composta por Pablo del Pozo García (Toledo, 1995) e Iago Alonso Abad (Foz, 1994)
SINOPSE:
No noso día a día creamos lugares onde sentirnos seguros, tranquilos e arroupados. Temos unha idea preconcibida desta "zona de confort" como un refuxio inalterable, onde nada nin ninguén pode entrar. Sen embargo, a realidade é outra. A enerxía das persoas pode influír neste lugar alterándoo de diversas formas. En Qualia exploramos esta inestabilidade dende o noso lado máis humano. O escenario convértese nun campo de batalla e, no seu centro, un lugar iluminado onde atopar esas sensacións que tanto anhelamos. Catro bailaríns serán os encargados de remover esa enerxía para demostrarnos que nada é o que parece.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan con cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca a carón do espazo destinado a PMR)
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.