Saut au contenu
12/11/2021 20:0013/11/2021 20:00
ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Compañía: Pistacatro Produtora de Soños
Xénero: novo circo
Autoría: Pablo Reboleiro e Pistacatro Produtora de Soños
Dirección: Pablo Reboleiro e Diego Anido
Adaptación: Pablo Reboleiro
Escenografía: Belém Brandido e José Perozo
Deseño de son e música: Nacho Muñoz
Deseño de iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Uxia Vaello
Coreografía: Pablo Reboleiro e Marta Alonso
Elenco artístico: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Guillermo Porta Gómez, Santiago Montero e Nacho Muñoz
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 65 minutos
Onde residen os obxectos?
Os obxectos, cando están quietos, deitados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, rechamantes ou discretos... pero, non están vivos.
O lugar no que os obxectos destellan e se inflaman coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por isto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, as cometas e as estrelas.
Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.
Pero fóra diso e, ao igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu contorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencia, e tratan de manter todo no aire para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo.
Por iso Drop xoga, constantemente e máis ca nunca, coa metáfora que compara os malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.
Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nós. E durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos saír do chan e volver a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis ca un xogo.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.