Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
27/10/2023 20:00
Presenta: Jazmín Abuín
Monólogos: Agustín Jiménez / Álex Salaberri / Bianca Kóvacs
Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de "aquí" e de "alí". Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a empezar a despuntar no mundo da comedia e son o futuro da mesma. Homes, mulleres, algúns máis maiores, outros máis novos, cada un coa súa visión do mundo única e particular, pero cunha misión en común: facer rir. E, entre risa e risa, mostrar un espello de diversidade, como o da sociedade na que queremos vivir, porque, se de algo estamos todos convencidos e convencidas é de que, "entre broma e broma, a verdade asoma"
JAZMÍN ABUIN
Actriz, monologuista, cantante e xornalista viguesa cunha longa traxectoria, tanto en teatro musical e de texto, como en televisión, en series como Acacias 38, Amar es para siempre, La que se avecina, Serramoura ou a recente serie de Netflix Machos alfa. Tamén traballou en cinema (Ola de crímenes, La casa de tiza ou a curtametraxe Cordelias, de Gracia Querejeta). Actualmente é unha das cómicas de "El club de la comedia en Madrid".
AGUSTÍN JIMÉNEZ
Uno dos cómicos máis relevantes e irreverentes do panorama nacional. Participou en numerosos programas e series de televisión, como Gym Tony (Cuatro), Lleno, por favor (Antena 3), Mis adorables vecinos (Antena 3), Siete vidas (Telecinco) ou El Chiringuito de Pepe (Telecinco) entre moitas outras. Ademais, ten unha extensa carreira en cinema e teatro.
ÁLEX SALABERRI
Álex Salaberri é médico, mesmo estudou para selo, pero tamén é cómico, bo, e tamén pinta e canta, bastante mal, por certo. As súas actuacións son representacións a corazón aberto, cargadas de risas e divertidas ideas. Unha sesión de risoterapia para alcanzar a sanación a golpe de gargallada. Residente nalgúns dos principais teatros e salas de comedia de España, Alex mostrarache o camiño para rirte das pequenas miserias humanas e, ao mesmo tempo, descubrirás unhas cantas razóns para seguir crendo nun futuro mellor.
BIANCA KOVACS
Bianca Kovacs ten unha notable carreira como actriz e comediante. Participou en Y se si?, un programa de José Mota presentado por Santiago Segura, ten dous especiais de comedia en Phi Beta Lambda e un no programa Stand-Up 3000 de Comedy Central, en Movistar Plus+. Tamén participou no programa Roast Battle, da mesma cadea. Presentou durante dúas temporadas Las noches del Club de la Comedia en Madrid e Barcelona. Actualmente está de xira por toda España co seu monólogo Una rumana muy legal e participa no espectáculo La noche de la risa en el teatro Capitol de Gran Vía, en Madrid.
Xénero: monólogos
Idade recomendada: adulto
Duración: 90 minutos