Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
18/02/2024 12:0018/02/2024 16:3018/02/2024 18:00
DOMINGO 18 DE FEBREIRO, funcións ás 12:00, 16:30 e 18:00 h:
* Trémola Teatro: “Brilla Brilla”. ESPECTÁCULO PARA BEBÉS.
AFORO SUPER REDUCIDO
Xénero: teatro sensorial
Idade recomendada: bebés (de 6 meses a 4 anos, acompañados por un adulto)
Idioma: sen texto
Duración: 30 minutos
Prezo da entrada: 3 €.
Autoría e Dirección: Paula Regueiro e Lucía L. Golán
Elenco: Rebeca Solla e Paula Regueiro
Escenografía e vestiario: Trémola teatro
SINOPSE:
A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar, poderán conseguir que Vela brille por fin? Brilla Brilla, é unha obra de teatro sensorial para bebés coa que poderán aprender valores tan importantes como é compartir. A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz led, instrumentos...) os máis pequenos/as da casa gozarán desta emocionante aventura.
Todas as persoas, incluídos bebés, pagarán entrada.
A organización recomenda no espazo de representación (escenario) só unha persoa adulta por neno/a ou grupos de neno/s. O resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas, con visibilidade reducida, ata completar capacidade.