ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Instrucciones: Seleccione entradas. En el último paso, pulse en Añadir (al Carrito). Continue con el siguiente evento ("Ver eventos del abono") y repita los pasos. Cuando tenga todas las entradas listas en su "Carrito". Pulse en "Finalizar Abono". Verá como se aplica el descuento de "ABONO Á CARTA"
FAMILIAR-MÚSICA
Compañía: N+1 Teatro Circo Danza
Espectáculo: DIVERTIMENTOS
Xénero: teatro musical
Autoría: N+1 & Cuarteto Alicerce
Dirección, escenografía, vestiario e coreografía: Alfredo Pérez Muíño
Deseño de son e música: Cuarteto Alicerce
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Intérpretes: Alfredo Pérez (actor), Jorge Montes (violín), Roberto Santamarina (violín), María José Pámpano (viola) e Carlos García Amigo (cello)
Idade recomendada: + 3 anos.
Duración: 45 minutos
Prezo: 5 €
Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñendo en valor as diferenzas como unha oportunidade para medrar dende o grupo.
Un cuarteto de cordas acepta a un novo membro para unha representación, sen saber que o convidado non posúe as mesmas cualidades e calidades como intérprete. O que nun principio provoca rexeitamento e xuízo de cara ao novo compoñente, muda en empatía e transixencia, acompañándoo nas súas penurias para que a relación evolucione cara á tolerancia, aceptación e incluso que poida modificar a relación entre eles, favorecendo a comunicación, xerando unha nova harmonía e permitíndolles rir dos protocolos arcaicos e a aparente excelencia que rodea á música clásica.
Da man do Cuarteto Alicerce e Alfredo Pérez Muíño descubrimos os camiños que nos conducen á música dun dos mellores compositores de todos os tempos, Wolfang Amadeus Mozart.
Un divertido proxecto que trata de achegarse ao público familiar dende a música clásica, o humor e a creatividade para adentrarnos na senda da cultura e das artes como camiños á diversión e a un tempo de lecer de calidade.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.