ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
Celebración do Día Internacional da Danza
DANZA
Compañía: Fran Sieira
Espectáculo: DEMENTE
Xénero: danza
Autoría e coreografía: Francisco Sieira González
Dirección: Carla Diego Luque
Adaptación: Carla Diego Luque e Francisco Sieira González
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso Alonso
Deseño de son: Isaac Millán Ledo
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez díaz
Música: Cristian Silva Bóveda
Elenco artístico: Francisco Sieira González, Martín Mondragón Rivadulla, Adela Otero Vázquez, Artur pastoriza Puga, André Adrio rodríguez e Patricia Sánchez Seoane
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 minutos
Prezo: 12 €
VÍDEO PROMOCIONAL
DeMente é un espectáculo de baile e música tradicional galega que plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.
A reclusión practicamente carceraria en tempos pasados, as contencións mecánicas e químicas, o suicidio, a explotación da enferma e a externalización dos nosos días. A necesaria integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, a loita contra O ESTIGMA.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.