Saut au contenu
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Voir le plan)
09/03/2024 20:00
SÁBADO 9 DE MARZO, ás 20:00 h:
* Chévere: “Helen Keller, a muller marabilla?”.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Xénero: teatro
Idade recomendada: adulto (+12 anos)
Idioma: galego e lingua de signos española (LSE)
Duración: 90 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha artística e técnica::
En escena: Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez, Ángela Ibáñez.
Dramaturxia e dirección: Xron.
Axudantía de dirección: Borja Fernández.
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo.
Iluminación: Fidel Vázquez.
Produción executiva: Patricia de Lorenzo.
Espazo audiovisual: Lucía Estévez.
Espazo escénico: Nononon.lab.
Son: Xurxo Pinheiro.
Idea orixinal: Chusa Pérez.
Creación: Chévere
Asesoramento e apoio en inclusión: Chusa Pérez.
Produción, administración: Inés Portela.
Asesoramento en lingua de signos: Ramón Costoya Lens.
Distribución: Cremilo/Carlos M. Carbonell.
Comunicación: Xana García
Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika. Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego.
SINOPSE:
Todo comeza ao descubrir a historia dunha muller, totalmente descoñecida para Chévere, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe dende os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que se fixa na memoria colectiva, como un modelo exemplar de superación da discapacidade. E polo que se sabe, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorprendente, nos últimos anos difúndese masivamente polas redes sociais unha campaña que afirma que a historia de Helen Keller é falsa, incluíndo unha petición en change.org para eliminala da historia.
Data de estrea: 15 de febreiro de 2024
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.