Saltar al contenido
16/12/2023 20:00
Texto: Antonio Muñoz de Mesa
Dirección: Olga Margallo
Axte. de dirección: Dorleta Urretabizkaia
Música: Iñaki Salvador
Espazo escénico: José Tomé
Escenografía e atrezzo: Mónica Teijeiro
Deseño de iluminación: Xabier Lozano
Vestiario: Ana Turrillas
Elenco:
Ana Pimenta/Ainhoa Aierbe, Mikel Laskurain, Nerea Gorriti e Xanti Korkostegi.
Con la colaboración especial de:
Aitziber Garmendia
SINOPSE:
Ander, Comisario da Unidade de Delitos Informáticos, irrompe no fogar dos Villaorduña e detén aos catro membros dunha mesma familia. Acúsaos de manter unha rede de pornografía aloxada nun servidor compartido.
Koldo, Monika, Aitor e Nora son interrogados por separado sobre diferentes arquivos de imaxe que un algoritmo identificou como contido delituoso relacionado coa pornografía. Nun principio todos parecen culpables dos delitos que se lles imputan, pero o espectador irá descubrindo aos poucos que os arquivos sobre os que se basean as acusacións non son o que parecen.
Ao mesmo tempo que o espectador vai descubrindo a inocencia das personaxes, os membros da familia van sospeitando uns doutros, mesmo de si mesmos, mentres se someten ao interrogatorio do Comisario. A medida que se van examinando as probas, Koldo, Aitor, Nora e Monika terminan por descubrir que, malia estaren sempre conectados á rede, están profundamente desconectados entre eles.
Os segredos que a familia almacena nas plataformas do ciberespazo revelan a patética alienación que sofren como familia e individuos. Canto máis se conectan, menos se coñecen e máis se traizoan.
O inspector termina por exculpar á familia dos delitos de porno doméstico, pero deixa tras de si unha familia rota onde ninguén é inocente (incluíndo ao propio inspector). Ata que punto te avergoñas da túa propia intimidade cando a moral puritana dos algoritmos te xulga?
Xénero: teatro comedia
Idioma: castelán
Idade recomendada: adulto
Duración: 85 minutos