Saltar al contenido
27/10/2024 18:00
Ficha técnica e artística
Creación e dirección: Joshua Kenneth
Sinopse
Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas. 70 minutos de asombro, humor e misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado.
Cun número incluído en Degustación de imposibles, Joshua Kenneth gañou en 2023 o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español.
Xénero: maxia
Idade recomendada: familiar
Idioma: galego
Duración: 70 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.