ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
TEATRO
Compañía: Señora Supina
Espectáculo: HOTEL EUROPA
Xénero: teatro comedia
Autoría: Ernesto Is
Dirección: Javier Lojo
Adaptación: Ernesto Is e Javier Lojo
Escenografía e deseño de iluminación: Vanesa Regengo
Deseño de son: Javier Lojo e Ernesto Is
Vestiario: Señora Supina
Música: VV.AA.
Elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Javier Lojo
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 85 minutos
Prezo: 10 €
VÍDEO PROMOCIONAL
Benvidos ao Hotel Europa, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.
Un berro, unha chamada na noite e unha chea de sospeitosos... Dona Remedios, dona e alma do centenario Europa, aparece morta en estrañas circunstancias. A lupa porase sobre a variopinta clientela para tentar responder á pregunta: quen matou a Dona Remedios?
Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a máis de 20 personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel.
Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado. Un proxecto que parte do propio para chegar ao de todos, do concreto ao universal, e que emprega fórmulas a medio camiño entre o vodevil, o musical, a alta comedia e o teatro convencional.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.