Saltar al contenido
25/10/2024 20:00
Ficha técnica e artística
- Elenco artístico: David Amor e Josito Porto
- Dramaturxia: José Prieto
- Dirección: Tito Asorey.
- Escenografía: José Faro.
- Iluminación: Laura Iturralde.
- Vestiario: Patricia Ferreira.
- Música: Xavier Bértolo.
Sinopse
GO HOME conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, ás cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto. Trátase dunha comedia comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación.
Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.
Xénero: teatro comedia
Idade recomendada: adultos (+ 16)
Idioma: galego
Duración: 80 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.