Ven a gozar dunha experiencia teatral única. 4 compañías, 4 espectáculos, 4 disciplinas artísticas, 4 espazos.
A experiencia consistirá nun percorrido por diferentes espazos gozando de distintas pezas.
AFORO SÚPER REDUCIDO
VENRES 17 E SÁBADO 18 DE MARZO, 20 HORAS
Idade recomendada: público adulto
Duración: 80 minutos
Prezo: 8 €
LOGO XUNTA
ESPAZO 1: ESCENARIO
Compañía: Cinema Sticado
Espectáculo: Murmurios cuánticos
Xénero: teatro contemporáneo
Autoría, dirección e escenografía: Helena Varela
Deseño de son e música: Xosel Díez
Deseño de iluminación: Nora Pinheiro
Vestiario: Atenea García
Coreografía: Helen Bertels
Intérprete: Helena Varela
Idioma: galego
Aproveitar o corpo para mudar a voz, para mudar a pel. Crebar a palabra. Mmmmmm son. Gozar. A microcospía da palabra como goce para construír o verdadeiro. O primeiro murmurio.
ESPAZO 2: CAMERÍN
Compañía: ALOPRO
Espectáculo: Non obstante, life is a cabaret, as you know
Xénero: teatro / cabaret / comedia
Autoría: Afonso Becerra e Alberte Bello
Dirección e dramaturxia: Afonso Becerra de Becerreá
Escenografía, iluminación e son: Alberte Bello
Vestiario: Alberte Bello e Miguel Delgado
Intérprete: Alberte Bello
Idioma: galego
Non é por frivolizar, ou si, pero tanta crise e tanto drama e tanto personaxe por aí solto xa me teñen até o curuto!
Así que un pouco de cabaré marica non nos vai vir mal.
Transformismo, travestismo, algún número musical, ironía, algunha confesión e moita pluma autóctona, nada de pavo real, pluma de pita do monte.
ESPAZO 3: VESTÍBULO
Compañía: Elahood
Espectáculo: Intempestiva
Xénero: danza contemporánea
Dirección: Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia: Gena Baamonde
Deseño de son e música: LLXNTO e Bruno Baw
Intérpretes: Sabela Domínguez e Julia Laport
Serse Intempestiva
Os corpos de Elahood entran nun xogo de identidades coa figura e obra de Xela Arias. Xénero, identidade galega, raíces e precariedade entrelázanse para cuestionar que é facer algo de proveito.
Primeiro Premio e Premio da Crítica no certame coreográfico de Madrid 2021.
Premio ao Mellor Espectáculo na Plataforma de Diálogos Contemporáneos do Festival DZM (Cáceres, 2021).
ESPAZO 4: LA PETITE CARAVANE
Compañía: Mónica Sueiro
Espectáculo: Histriónica! (en quince minutos)
Xénero: Teatro- comedia
Autoría, dirección, escenografía e vestiario: Mónica Sueiro
Deseño de iluminación: Naila Rodsuá
Música e letra de “Estou ata a cona”: Sergio Llauger
Intérprete: Mónica Sueiro
Idioma: galego
Histríonica! (en quince minutos) é unha comedia excéntrica e metateatral. No principio foi a actriz e no seu desenvolvemento só quedou a actriz. A escusa é o desexo de actuar, de xogarse o tipo ante o público cunha peza da que a protagonista, “a actriz”, sabe tanto como o público presente. Só ten quince minutos, e poden ser unha eternidade. Así que non lle queda outra que saír do establecido, rir do seu fracaso mentres camiña no desequilibrio entre a necesidade de estar no mundo actoral e o riso, esa vía de escape tan necesaria.