Edukira joan
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Mapa ikusi)
15/03/2024 20:00
VENRES 15 DE MARZO, ás 20:00 h:
* Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”.
AFORO SUPER REDUCIDO (espectáculo en escenario)
Xénero: teatro contemporáneo
Idade recomendada: adulto
Idioma: galego
Duración: 90 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística
Interpretación: María Costas, Nacho Castaño, María de las Llanderas e Fran Nogueira.
Dirección: Nerea Brey
Texto: Ernesto Is
Espazo e iluminación: Beatriz de Vega
Vestiario: Javier Lojo
Espazo sonoro: Nerea Brey e Ernesto Is
Unha produción de Manekineko.
Colaboran: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Coca-Cola.
Proxecto realizado no marco do Centro de Recursos Escénicos do Principado de Asturias.
Texto escrito no programa Antzerkigintza Berriak 2020 de novas dramaturxias de Euskadi.
SINOPSE:
Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, coinciden sempre no mesmo karaoke. Madrugada tras madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que os levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais. Nestas noites de festa hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores... Pero, sobre todo, anhelos.