ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Instrucciones: Seleccione entradas. En el último paso, pulse en Añadir (al Carrito). Continue con el siguiente evento ("Ver eventos del abono") y repita los pasos. Cuando tenga todas las entradas listas en su "Carrito". Pulse en "Finalizar Abono". Verá como se aplica el descuento de "ABONO Á CARTA"
FAMILIAR-MÚSICA
Compañía: Paulo Lameiro
Espectáculo: CONCERTOS PARA BEBÉS – EMBALOS NEOFOLK
Xénero: música para bebés
Elenco artístico: Alberto Roque (saxofone, barítono e ocarina), José Lopes (saxofone, alto e soprano), Pedro Santos (acordeón), Inesa Markava (voz e movemento), Isabel Catarino (voz) e Paulo Lameiro (voz e dirección)
Idade recomendada: de 0 a 3 anos.
Duración: 45 minutos
Prezo: 5 € (unha persoa adulta e un/unha bebé). Resto do público poderá sentar de balde no patio de butacas con visibilidade reducida ata completar capacidade.
Bábabai
Babábabai bailemos
Cando somos bebés, e aínda non nacemos, xa bailamos. Bailamos nun manto amniótico quentiño, que se move ao sabor da respiración e dos pasos da nosa nai. Despois cando nacemos, das memorias felices nace unha necesidade de seguir bailando. Por iso as nosas nais abanéannos para calmar e adormecer. E nun ápice, os nosos pais descobren que comezamos a danzar en canto escoitamos unha música con ritmo. Neste concerto vamos bailar con músicas antigas do tempo intra-uterino, e tamén con novos sons que apelan a outras danzas.
Biabába
Bailemos
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.