Edukira joan
27/11/2021 20:00
ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Compañía: iXa Universos de movemento – Xián Martínez
Xénero: danza contemporánea
Dirección artística e idea orixinal: Xián Martínez Miguel
Repetición: Sayoa Belarra.
Espazo sonoro e asistencia creativa: Fernando Martínez de Careaga
Asistencia coreográfica: Kateryna Humenyuk
Deseño de iluminación: Álvaro Estrada
Técnico de iluminación: Fermin Izko
Vestiario: Paula Barcia, Manuel Escurís e Saioa Matxain
Fotografía: Blanca Razquin
Coreografía: Ana F. Melero, Sayoa Belarra, Mariona Jaume, Kateryna Humenyuk, Paula Urquijo, Araitz Lasa, Marta Alonso, Paula Quintas, Tania Velo e Xián Martínez
Elenco artístico: Ana F. Melero, Sayoa Belarra, Mariona Jaume, Kateryna Humenyuk, Paula Urquijo, Araitz Lasa, Marta Alonso, Paula Quintas e Tania Velo
Idioma: sen texto
Idade recomendada: público adulto
Duración: 55 minutos
Por cada respiración, por cada bágoa e por cada pinga de suor. Pioneras, The power of Woman, une nunha experiencia de danza a infinitos tipos de mulleres, abandeira o cliché e destrúe o prexuízo sobre o xénero. Homenaxea as pioneiras, as que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de vencer.
Baixo a poética da modelaxe e a natureza, Pioneiras introduce á espectadora nun universo de almas fortes e loitadoras, nun mundo único de amor e respecto por cada individuo, pero sobre todo procura transformar a individualidade do ser humano na unidade dunha sociedade igualitaria. Nesta versión superlativa e única para Galiza nove mulleres darán voz o poder dun universo igualitario.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.