Skip to Content
16/11/2024 20:00
Ficha técnica e artística:
Autor: Bernard Marie Koltès
Adaptación e dirección: Sandra Moya
Interpretación: Víctor Díaz
Actriz de ensamble: Sandra Moya
Música: Víctor Esteban
Tema musical “Mohan”: Alexey Restrepo
Deseño e realización sonora e audiovisual: Sandra Moya
Iluminación e técnico: Alex Sobrino
Produción: Federico Esteban
Sinopse:
Un inmigrante sen diñeiro e sen traballo deambula polas rúas chuviosas dunha cidade, noite tras noite foxe dos cazadores de mouros, de gais e de persoas que o consideran unha rata. Agocha a súa orixe e o seu xénero para que non mallen nel, vende o seu corpo para sobrevivir ou ter alguén con quen conversar. Fala sen parar, sen precisar a quen, coa urxencia de recoñecerse noutro, de reafirmarse nun mundo que o ten sempre a parte, sempre no esquecemento.
A música lévao a expresar os seus pensamentos, sentimentos, lembranzas de encontros efémeros con seres da noite e marxinados coma el: os lacazáns esquecidos nun recuncho, Mama, a prostituta que come terra, a moza fascista, ... voces que resoan na súa mente e nos amosan a súa vulnerabilidade á vez que nos fai reflexionar sobre esa humanidade que estamos a perder. Lentamente o personaxe vainos mergullando no océano que o trouxo ata aquí.
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Idioma: galego
Duración: 60 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.