Skip to Content
29/10/2023 18:00
Elenco: Toño Casais e María Ordóñez
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música: Manu Abraldes
Autoría e Dirección : Artur Trillo
SINOPSE:
Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil
pero para gozar en familia, para divulgar e relembrar a arte de
xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa xogar ao parque. Alí
coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo
a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos
aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.
Unha montaxe na que se propón recuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar o xogo pero, sobre todo, para incentivar ás familias (nais, pais e especialmente ás avoas e avós) a indagar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Xénero: teatro
Idioma: galego
Idade recomendada: familiar, recomendado de 6 a 11 anos
Duración: 50 minutos