Skip to Content
14/10/2023 20:00
Autoría: María Campos e Carlos Yus
Dirección: María Campos e Carlos Yus
Deseño de son: música e cancións orixinais de Carlos Yus
Deseño de iluminación: Tegüi
Vestiario: María Campos
Escenografía: Migallas
Intérpretes: María Campos e Carlos Yus
Fotografías e vídeos: Sr. Sagüillo
SINOPSE:
Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?
“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.
María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.
As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.
Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.
Xénero: humor, sketchs e cancións cómicas
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos