Skip to Content
11/11/2023 20:00
Dirección: Patricia Rodríguez
Interpretación: Marián Bañobre
Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno
Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
Deseño de vestiario: Marián Bañobre
Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre
Caracterización: Baia Fernández
Asesora de canto: María Costas
Asesora de dramaturxia: Laura Porto
Asesora de xénero: Ana Cardoso
SINOPSE:
Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”.
Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións, e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
Xénero: teatro comedia
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 75 minutos