Skip to Content
03/11/2023 20:00
Idea orixinal e interpretación: Germán J. López Galván
Dirección e dramaturxia: Pepa Gil
Música Orixinal: Raúl Cantizano
Escenografía: Germán López, Trebarte, Juan Manuel Sánchez, Pepeciclo,
Javier Dastis
Vestiario e Decoración: Engatosarte Vestuario Teatral
Coreografía e Voz: Alicia Acuña
Documentación: Javier Blancart
Fotografía e Audiovisual: MacShalbert Productions, Rafael Burgos
Deseño Iluminación: Juan Manuel Sánchez
Coprodución: Festival Circada
SINOPSE:
Chicharrón, último enlace dunha dinastía flamenca, trae o carromato onde garda a peña flamenca familiar, na que fusionará os ritmos e compases do flamenco cos malabares. Sen Ojana significa sen mentiras, sen hipocrisías. Chicharrón, na súa itinerancia, leva consigo un cante á liberdade, unha homenaxe ao flamenco, á muller e aos devires da vida. Unha mestizaxe de artes que, entre o humor e o drama, nos atrapará para colocar uns lunares ás nosas vidas.
Xénero: circo, flamenco e teatro
Idioma: castelán
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos