Skip to Content
15/12/2023 20:00
SINOPSE:
Cantigaéverso é un espectáculo poético e musical a cargo do escritor, editor e músico Francisco Castro e do músico e produtor musical, Federico Welicki, no que se repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.
Trátase dun espectáculo no que os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista, fan unha viaxe completa pola historia das composicións poéticas que versionaron os nosos grandes músicos. Durante a actuación mestúrase a explicación e a música poetizada, aínda que esta é a que domina.
No concerto-recital Castro&Welicki interpretarán arredor de 15 poemas musicados que supoñen unha viaxe poética e musical que arranca dos anos sesenta do século XX. Os temas escollidos supoñen unha viaxe completa pola poesía clásica galega e a música máis popular do noso país.
Xénero: espectáculo musical e poético
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 60 minutos