Skip to Content
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (View map)
19/03/2023 18:00
Ven a gozar dunha experiencia teatral única. 4 compañías, 4 espectáculos, 4 disciplinas artísticas, 4 espazos.
A experiencia consistirá nun percorrido por diferentes espazos gozando de distintas pezas dirixidas a público familiar.
AFORO SÚPER REDUCIDO
DOMINGO 19 DE MARZO, 18 HORAS
Idade recomendada: público familiar
Duración: 80 minutos
Prezo: 5 €
Sen logos
ESPAZO 1: ESCENARIO
Compañía: Luz, Micro y Punto
Espectáculo: Las gemelas de Palacio
Xénero: teatro de sombras
Intérpretes:Patricia Toral, Chantal Franco e Verónica Galán
Idioma: castelán
Unha pequena historia sobre o gran desexo de crecer e aprender, e o medo que xure moitas veces ante o descoñecido.
ESPAZO 2: CAMERÍN
Compañía: Olga Plus
Espectáculo: Pan
Intérprete: Olga Zeceva
Idioma: castelán
Un espectáculo onde o protagonista é o... PAN!
O PAN visto como unha cousa viva, que desde que é unha masa ten desexos e temores. O que é esencial e primordial, pero que tamén ten a súa historia, que non é outra que a historia do ser humano.
ESPAZO 3: VESTÍBULO
Compañía: Zig Zag Danza
Espectáculo: Cita en el Marco
Xénero: danza
Intérpretes: Estrella García e Miguel Quiroga
Teatro xestual que desde a comicidade conecta cos espectadores a través da relación entre dous personaxes pechados no marco dun cadro, a partir da linguaxe do movemento e o xesto.
ESPAZO 4: LA PETITE CARAVANE
Compañía: Adrián Conde
Espectáculo: El mago más pequeño del mundo
Xénero: maxia
intérprete: Adrián Conde e Félix Corcuera
Idioma: castelán
Canso de que o rexeiten de todos os teatros, o artista de varietés máis pequeno do mundo decide montar o seu propio, e non só o fai acorde ás súas medidas, senón que tamén lle pon rodas para levalo a todos os recunchos do mundo.
Feliz de poder amosarnos as súas habilidades, este diminuto artista convídanos a somerxernos nunha atmosfera máxica, confirmando, unha vez máis, que o bo vén en frasco pequeno.