Skip to Content
30/11/2024 20:00
Tickets available
from 5,00 €
Ficha técnica e artística:
Autoría e dirección: Paula Pier
Música orixinal: Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez, María Velasco
Elenco: Voz: Paula Pier - Saxo: Chus López - Percusión: Sandra Pérez - Guitarra: María Velasco
Deseño de escenografía: Paula Pier e Core Diseño
Deseño de iluminación: Laura Iturralde e As dúas e punto
Deseño de cartel: Lara Monterde
Deseño de vestiario: Paloma Saavedra.
Son: Lara Álvarez
Sinopse:
“Eu, Fraude!” é un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser.
Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis témeras sombras.
Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida!
"Eu, Fraude" impúlsanos, en forma de viaxe emocional, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais.
É, sen dúbida, unha historia de amor propio en forma de festa
Xénero: Teatro, música, poesía e festa
Idade recomendada: adultos (+12)
Idioma: galego-castelán
Duración: 70 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.