Skip to Content
25/11/2023 20:00
En escena:
Alba Fernández (danza e teatro)
Marian Ledesma (voz e teclado)
Julio Cuns (guitarra)
Juan Tinaquero (contrabaixo e baixo eléctrico)
Bruno Couceiro (batería)
Afonso Castro (luz e guitarra)
Creación, dirección e interpretación:
Alba Fernández
Arranxos musicais: Iván Doval
Asesoramento artístico: Alfredo Pérez e Carmen Cotelo
Deseño de Iluminación: Afonso Castro
Creación musical do tema “O Tren”: Jas Processor
Vestiario e escenografía: Laboratorio Escénico
Apoio na Xestión: Galicia Danza Contemporánea
Deseño Gráfico: Manchea S. Coop. Galega
Fotografía e Vídeo: Raquel Castro
Produción e distribución: Alba Fernández e Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
Apoio ao financiamento: Axudas á Creación Artística para artistas individuais do Concello da Coruña.
SINOPSE:
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite – Versión Estendida entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento e na música, nunha viaxe no tren clandestino que conduce á liberdade. Pon en valor as grandes damas do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o NOSO Blues.
É un espectáculo multidisciplinar (danza, música e teatro) que transita entre o formato escénico e o formato concerto. É un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ao club, ao tren, ao cruce de camiños...
Xénero: multidisciplinar (danza, música e teatro)
Idioma: galego
Idade recomendada: adulto
Duración: 70 minutos