Skip to Content
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (View map)
11/02/2022 20:00
ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
Cal foi a túa última experiencia inútil?
Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earthart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.
Os protagonistas desta historia convidan o público a través dos seus móbiles para subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?).
Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.
Compañía: ArtesaCía
Espectáculo: ILLAS DESERTAS
Xénero: teatro contemporáneo
Vestiario e escenografía: Esther Quintas e Artesacía
Cinema en directo: Roi Fernández
Música e iluminación: Héctor Pazos
Técnica multimedia: Susana Méndez
Produción: Laura Villaverde
Texto: Sebastián Álvaro e ArtesaCía
Colaboración tecnolóxica: La Fura Dels Baus
Elenco artístico: Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 minutos
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.