Skip to Content
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (View map)
01/03/2024 20:00
VENRES 1 DE MARZO, ás 20:00 h:
* Compañía Teatro Arlequín Gran Vía: “Gracias por venir, tributo a Lina Morgan”
Xénero: comedia revista
Idade recomendada: todos os públicos
Idioma: castelán
Duración: 80 minutos
Prezo da entrada: 8 €
Dirección: Cari Antón
Reparto: Celia Díaz, Ana Torres e Javier Arriero
SINOPSE:
Gracias por venir, comedia escrita por Cari Antón, unha directora consagrada dentro do xénero da comedia de enredos, presenta unha homenaxe á mellor cómica do século XX: a gran Lina Morgan.
Celia Díaz dá vida a Lina Morgan ou Ramy a protagonista, que se presenta á axencia O Barco, dirixida pola vedete Marian, interpretada por Anta Torres. Unha vedete das de antes, chea de sensualidade e picardía, que presenta un vestiario espectacular cheo de abelorios e plumas. Ante ela, Ramy verá perigar a súa relación de toda a vida xa que Hipólito, interpretado por Javier Arriero, deixarase levar polas delicias da vedete, volvendo tolas ás dúas protagonistas.
Gracias por venir non só é unha comedia de enredos; é unha revista onde se combina o burlesque e o vodevil, onde a música cobra pleno protagonismo, aderezado cun guión impregnado de humor . Ao longo da obra podemos gozar de cancións como “Eu son a vedete”, “A Moza do dezasete” e por suposto a obra dálle nome á peza “Gracias por venir”.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.