Skip to Content
05/11/2023 12:0005/11/2023 16:0005/11/2023 18:00
Aforo superreducido
* A Xanela do Maxín “Coliño”.
+ autoría: Xosé Breijo "Topo Vidal"
+ dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo
+ composición orixinal: Lois Prado
+ asesoría musical: Paulo Lameiro
+ deseño de iluminación: Octavio Más
+ vestiario: Celtia Figueiras
+ escenografía: Daniel Rodríguez, Julia Abal e A Xanela do Maxín
+ intérpretes:Celtia Figueiras,
Xosé Breijo "Topo Vidal"
Lois Prado
Julia Abal
SINOPSE:
Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia, pensada por e para familias.
COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.
O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor.
COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.
COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe...
A COLIÑO van parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.
COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.
COLIÑO somos moitas e moitos.
Xénero: espectáculo para primeira infancia, musical e monicreques
Idade recomendada: de 0 a 3 anos
Duración: 45 minutos
Todas as persoas, incluídos os bebés, pagarán entrada