Salta al contigut
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Veure mapa)
25/02/2024 18:00
DOMINGO 25 DE FEBREIRO, ás 18:00 h:
* Roi Borrallas: “SOLO”
Xénero: clown e teatro con obxectos
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Idioma: sen texto
Duración: 45 minutos
Prezo da entrada: 5 €.
Ficha artística e técnica:
Idea orixinal: Roi Borrallas
Interpretación: Roi Borrallas
Deseño son e luz: Joan Cot Ros
Mirada externa: Joan Cot Ros
Voz en off: Julián González
Téxtiles: Mina Trapp
Deseño escenografía: Roi Borrallas
Fotos: Alex Griffin, Txus García y ACM
PREMIOS:
Premio Fetén 2023 á mellor interpretación
Premio Zirkolika 2022 ao mellor espectáculo de pallasos
Espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatros
SINOPSE:
O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo. Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.
ESPECTÁCULO
SOLO é un espectáculo onde se combinan monicreques, manipulación de obxectos, máscaras e sobre todo comicidade. Ideal para localizacións íntimas tanto en exterior como interior. Un espectáculo onde a cuarta parede está representada por un marco de espello que separa ao artista da audiencia. A través do cal poderán ver a este personaxe dando renda solta á súa imaxinación. Coreografías faciais, máscaras con escuma de afeitar, óperas épicas… son algunhas das ferramentas que utiliza esta peza para, a través do humor, falar da soidade e das máscaras que todos nos poñemos a diario.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).
As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.