ABONOS* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
*Usar opción de 'anadir carrito'.
FAMILAR – DANZA
Compañía: Panicmap Proyectos Escénicos
Espectáculo: PEQUEÑO BIG BLUE
Xénero: danza bebés
Autoría, dirección e deseño de iluminación: Juan Pablo Mendiola
Escenografía: Los Reyes del Mambo
Vestiario: María Almudéver
Música: Damián Sánchez
Coreografía: Cristina Fernández Pintado
Elenco artístico: Irene Ballester e Joan Ballester
Idioma: castelán
Idade recomendada: + 18 meses
Duración: 35 minutos
Prezo: 5 € (unha persoa adulta máis un bebé). Resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas con visibilidade reducida ata completar capacidade.
VÍDEO PROMOCIONAL
Pequeño Big Blue é grande e é azul. É grande, azul e moi curioso. A súa curiosidade lévao a situacións e lugares dos que despois non sabe como saír. Afortunadamente conta con ENE, que sempre está alí para axudalo. Pequeño Big Blue debe, pouco a pouco, aprender a desenvolverse solo.
ENE e Pequeño Big Blue son tan diferentes o un do outro como pode parecer a simple vista?
O que é seguro e que como equipa son únicos.
Unha pequena viaxe da man de ENE e Pequeño Big Blue que pode que xere algunhas destas preguntas:
Os bechos de cores son os que máis pican?
Podo fabricar unha nube coas mans e algo de imaxinación?
Por que te chove a ti e non a min?
Cando te anoxas todo ponse vermello. E se estás triste?
Só é de noite cando teño sono?
Unha proposta plástica na que xesto, danza e artes visuais dialogan para ofrecer unha experiencia que estimula o desexo de xogar aos máis pequenos a aos seus grandes acompañantes atopando polo camiño algunhas emocións que todas e todos saberemos identificar.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.