Salta al contigut
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Veure mapa)
13/04/2024 20:00
SÁBADO 13 DE ABRIL, ás 20:00 h:
* Souvenir: “Non é unha canción”
Xénero: artes do movemento e teatro contemporáneo
Idade recomendada: adulto (+16 anos)
Idioma: galego
Duración: 75 minutos
Prezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:
Dirección, dramaturxia e interpretación | David Alonso e María de las Llanderas
Deseño de iluminación e escenografía | Violeta Martínez
Deseño e confección de vestiario | Carmen Triñanes e Daniela Rodas
Espazo sonoro | David Alonso
Asesoría de movemento | Olga Cameselle
Deseño gráfico | María de las Llanderas
Deseño logotipo Souvenir | Laura Merchan
Fotografía e vídeo | Iria Casal
Construción de escenografía | Daniel Rodríguez
Produción | Sabela Ramos
Distribución | Mar Alonso
Asesoría de comunicación | The Office Comunicación
Dirección técnica en xira | Violeta Martínez
Técnico de son e audiovisuais | Sol Álvarez
Co apoio da AGADIC e coa colaboración de ACT Galicia.
SINOPSE:
David e María vestidas para ir de vacacións, preséntannos o espectáculo que imos ver.
Non é unha canción, pero é algo parecido.
Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que.
Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido.
Algo raro lle sucede ao espazo ou está o espazo a facer algo raro con David e María?
Non é un espectáculo, pero é algo parecido.
Souvenir é unha compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por David Alonso e María de las Llanderas.
A súa primeira peza ‘O que é o raio nin maldita idea’ foi premiada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal (2022) organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). En xaneiro de 2024 estrean no Teatro Rosalía Castro da Coruña o seu novo espectáculo ‘Non é unha canción’ producido co apoio da AGADIC. Neste traballo, Souvenir explora o universo do turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor acedo e absurdo.
Souvenir é un espazo de encontro e de experimentación lúdica. Interésanos aquilo que está fóra do entendemento racional e da lóxica psicolóxica. A intuición, o azar, as artes do movemento e a súa combinación coa palabra son algúns dos eixos que vertebran o noso traballo. Procuramos unha forma de estar no mundo improdutiva, inútil e festiva. Tamén nos encanta recoller estímulos accidentais da rúa, aos que chamamos souvenires, e que son a materia prima das nosas pezas.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan con cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca a carón do espazo destinado a PMR)
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.