ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Instrucciones: Seleccione entradas. En el último paso, pulse en Añadir (al Carrito). Continue con el siguiente evento ("Ver eventos del abono") y repita los pasos. Cuando tenga todas las entradas listas en su "Carrito". Pulse en "Finalizar Abono". Verá como se aplica el descuento de "ABONO Á CARTA"
TEATRO
Compañía: Juanito y Filomena
Espectáculo: ReVolta
Xénero: teatro comedia
Autoría e adaptación: Cía. Juanito y Filomena
Dirección: Irene Moreira
Escenografía e vestiario: As dúas e punto
Deseño de son e música: Alejandro Gayoso
Deseño de iluminación: Álex Sobrino
Intérpretes: Rocío Romero e Arantxa Treus
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 minutos
Prezo: 10 €
Os primeiros prehistoriadores, que só eran homes, pensaron que nese período ocorría o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que as mulleres eran inferiores aos homes.
A peza é unha viaxe que cuestiona a nosa aprendizaxe facendo paradas nas iconas máis representativas para sometelas ás últimas teorías sobre a evolución humana ou guindar luz sobre os episodios máis escuros da nosa historia.
A través de escenas delirantes, as últimas achegas históricas que reconducen a visión machista que nos contaron. Entrevistando a Lucy (a primeira homínida), para coñecer de primeira man como era a sociedade paleolítica. Elena Francis, a voz da radio española da ditadura que lle servía ao réxime para instruír as mulleres. Todas estas paradas sen deixar atrás a teoría de Lynn Margulis, que demostrou que Darwin estaba errado, porén todas coñecemos o nome de Darwin e non de Margulis.
Para reseteármonos como humanidade igualitaria temos que revisar con mirada crítica o que xa sabiamos a través do humor, nunca desde a mala conciencia ou a culpa, senón dende un eido historicamente masculino: a comedia.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.