Salta al contigut
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Veure mapa)
26/10/2024 20:00
Ficha artística e técnica:
Dirección: Marta Alonso e Pepe Domínguez
Elenco: Iria Sobrado, Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo.
Deseño de espazo escénico e vestiario: Diego Valeiras.
Música orixinal: Christian Casas
Vídeo, filmes e deseño gráfico: Aitor-Víctor Fernández
Sinopse:
Antagonista Teatro presenta o seu novo espectáculo, Insubmisa. Trátase dunha montaxe baseada nun texto propio escrito por Jose Vaquero, que se inspira no personaxe mitolóxico de Medea para construír unha reflexión sobre un dos mecanismos de control máis insidiosos do patriarcado, a reconstrución do relato.
Argumento:
Poida que ela cometese un crime terrible, pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, unha demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada.
Proposta:
Insubmisa é unha avaliación sobre as posibilidades reais de ser libre máis aló de etiquetas individuais ou de xénero. É unha denuncia sobre a gaiola de ouro que constrúe o patriarcado e sobre os estigmas que as mulleres sofren mesmo baixo unha mirada progresista. As personaxes flutúan entra a súa realidade e a nosa para amosarnos que son a mesma, sen adornos, sen edulcorantes. Dirixen a mirada do espectador cara si mesmo para evitar ser consumidos polas expectativas. Insubmisa é drama, pero tamén é danza, música, vídeo e teatro social ao servizo da reflexión.
O texto nace da man do arquetipo sobre Medea construído por Eurípides, que foi unha reelaboración do autor sobre o mito previo e que se fixou no imaxinario colectivo. A través de esta historia, denunciamos como a cultura do patriarcado emprega a escritura dos relatos para crear unha superestrutura simbólica que afiance os seus valores.
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Idioma: galego
Duración: 65 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.